PATACRUA E JAVIER SOLCHAGA(ILU.)
E isto que é? Este é o gato que pillou a pega
que roubou o anel da princesa do Caurel?
E isto que é?
Conto acumulativo clásico, mais cun desenlace
e cunha forma de presentación adaptados, que
recupera os elementos máis típicos das series
que aparecen na tradición europea: gato, can,
pau, lume, auga? Con este tipo de contos, os
nenos aprenden a establecer conexións, e a
partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren
predicións.
Javier Solchaga ofrécenos unha especial proposta de ilustración tridimensional, elaborada a partir de elementos reciclados (botellas, madeira, pedras, arame…). O xogo compositivo e de iluminación co que nos sorprende a fotografía, supón un valor engadido ao libro. Sorprendente, resulta tamén, a presenza de obxectos e personaxes (anel, pano, pau…) fotografados desde un ángulo imposible, para que o lector tente adiviñar, cal será o protagonista da seguinte acción.