Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do
bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño
máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas
colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso
e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis
intelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisible
intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu
camiño.
Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para
enfrontar problemas reais.