A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES

A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES. PEGADAS DUN PATRIMONIO CULTURAL SOBRANCEIRO

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Literatura
ISBN:
978-84-8487-495-9
Páginas:
291
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Compartir en:
24,95 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

As fábricas de curtumes constituíron unha auténtica industria nacional para Galicia tanto pola súa certa relevancia nalgúns dos períodos da historia industrial galega coma polo seu esparexemento polo territorio onde un de cada catro concellos contou co seu propio curtidoiro, presente en case que todas as comarcas do país, que fornecía o coiro preciso para facer un bo par de zocos. Este sector, logo de ser líder a nivel estatal no século XIX, colapsa na década dos anos sesenta, coa aparición do zapato mecánico, pasando de case 200 fábricas a finais dos anos cincuenta a 11 a comezos dos oitenta. A ducia de casos de rehabilitación xa operados por toda a xeografía galega deberan ser un estímulo para acometer novas iniciativas, sobre todo para aquelas Administracións que aínda non tiveron nin a sensibilidade nin a perspicacia de trazar proxectos de desenvolvemento endóxeno local alicerzados no sobranceiro patrimonio industrial que a industria dos coiros nos deixou en herdanza. Este libro está basado na tese de doutoramento de Otero Eiriz, Claudio “A industria dos coiros en Galicia. Historia e Patrimonio”, dirixida pelo prestixioso catedrático da USC, Xoán Carmona Badía.