A FERRERIA

A FERRERIA. HISTORIA PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA

Editorial:
ELVIRA EDITORIAL
Año de edición:
Materia
Narrativa. lit gallega
ISBN:
978-84-128006-0-9
Encuadernación:
Otros
Colección:
HISTORIAS COÑECERMOS PONTEVEDRA
Compartir en:
11,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Os faladoiros nos cafés na cidade do Lérez teñen unha fonda tradición, pensemos nos debates mantidos por Castelao, Pío Caba-nillas ou Paz Andrade no café Moderno. Estas xuntanzas pódense considerar o xerme do xornalismo moderno. Expresar cada quen o seu parecer, debater con liberdade teñen como virtude a veracidade. O xornalismo está intimamente vencellado á liberdade de prensa e a calidade de información como pilar fundamental. Así mesmo, manter a poboación informada do que acontece nunha localidade e na súa contorna crea unha idea de pertenza a un lugar e a unha comunidade, que xoga un papel central para o desenvolvemento dunha cidade, neste caso, Pontevedra. Sonata de Acuario: Andrés é un xornalista novo, algo calado e fuxidío, aínda que teimudo. A chegada dunha estudante en prácticas empurra o mozo a artellar estratexias narrativas na sección que cobre no periódico onde traballa para chamar a atención da rapaza. Alberto Vilaboa

Otros libros del autor