A DEFUNCIÓN DOS SEXOS

A DEFUNCIÓN DOS SEXOS. DISIDENTES SEXUAIS NA GALIZA CONTEMPORÁNEA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Estudios sociales (sociología)
ISBN:
978-84-1110-120-2
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
Compartir en:
18,50 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexualidade obrigatoria que as condenaba ás marxes e ao ostracismo. Este libro parte coa conciencia de que a saída dese caixón agochado no que a historia depositou as disidentes sexuais é un paso imprescindible á hora de articular unha memoria LGBT na Galiza de hoxe. Para isto, o desenvolvemento do traballo non se centra nun relato exhaustivo sobre a disidencia sexual e de xénero en cada unha das épocas investigadas, senón que estas se configuran como pequenas xanelas das que se extraen historias e memorias de persoas diversas. Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas. Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión actual e colectiva sobre o pasado, o presente e o futuro das disidentes sexuais que poboamos hoxe o pa

Otros libros del autor