Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito
	innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores
	e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación
	do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. 
	Neste segundo volume voltamos á cociña de Cunqueiro, un libro básico da historia da literatura galega, desta volta con limiar de Javier Olleros.