A GARZA EN CHAMAS

A GARZA EN CHAMAS. CERTAME DE NARRACIONS BREVES MANUEL MURGUIA 2019-2021

Editorial:
ALVARELLOS EDITORA
Año de edición:
Materia
Narrativa actual
ISBN:
978-84-18567-21-6
Páginas:
244
Colección:
LIBROS DO SARELA [CREACIÓN]
Compartir en:
17,00 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Esta obra reúne os relatos premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo entre os anos 2019 e 2021. Son, en total, nove creacións literarias.
Aquí atoparemos relatos fantásticos, contos de viaxes, historias de misterio, diarios íntimos... Mundos reais ou imaxinados poboados por personaxes dominados polas incertezas da existencia. As relacións paterno filiais, a rebeldía fronte ao sometemento, a soidade dun rural abandonado, os segredos de familia, as dificultades do amor, os días escuros do confinamento ou os traumas da emigración compoñen, entre outras, esta mostra coral e sedutora de historias que nos farán gozar e reflexionar a un tempo.
A garza, ese animal totémico que se erixiu en símbolo deste Certame, atrapou estas nove historias luminosas ao longo das súas últimas viaxes.